Acabamos de coñecer as obras finalistas da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FERE e outorgado, a pasada edición, por máis de cinco mil lectores e lectoras. As obras finalistas das publicadas por Xerais, ao longo do pasado ano 2007, son as seguintes:
- Fina CASALDERREY: A lagoa das nenas mudas, colección Sopa de Libros (categoría de 3º a 5º de primaria).
- IMPLICADOS/AS NO DESENVOLVEMENTO: O son das buguinas, colección Infantil e Xuvenil (categoría 6º de primaria a 2º de ESO).
- Francisco CASTRO: O ceo dos afogados, colección Fóra de Xogo (categoría 6º de primaria a 2º de ESO).
- Agustín FERNÁNDEZ PAZ: O único que queda é o amor, colección Xuvenil ilustrada (categoría de 3º de ESO a Bacharelato).
- Marina MAYORAL: Case perfecto, colección Xerais Narrativa (categoría Adultos).
O fallo do premio coñecerase o 30 de abril de 2009 e será outorgado por milleiros de lectores e lectoras que valorarán as obras finalistas ao longo do curso.
Etiquetas: fernández_paz, fina_casalderrey, francisco_castro, implicadas_no_desenvolvemento, marina_mayoral, premio_frei_martín_sarmiento
Deixar unha resposta