Mario Regueira publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Recordar doe, o libro de memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. Recollemos un parágrafo do texto:
[…] A narración un tanto anárquica destas memorias, na que se salta con facilidade da referencia bibliográfica, á reflexión política para retomar outra vez o fío conductor da memoria, lembra en ocasións ao estilo creado no ámbito dos blogues e outro tipo de narracións contemporáneas, dotando o contado dunha frescura que non teñen outros libros de memorias similares.
Etiquetas: barreiro, cartafol, mario_regueira, recordar_doe, vieiros
Deixar unha resposta