Poderosa de Sèrgio Klein é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil recente no Brasil. Traducida por Mercedes Pacheco Vázquez aparece esta semana en Fóra de Xogo para conquistar milleiros de lectores en galego. Poderosa constitúe a primeira entrega dunha serie (da que ata agora no Brasil a editora Fundamento leva publicados tres títulos e da que se publicará un cuarto en 2009) que tamén editará Xerais e da que xa se está preparando unha adaptación cinematográfica.
Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora.
Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe coa man esquerda provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.
Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.
Etiquetas: mercedes_pacheco, novela, poderosa, sergio_klein
Setembro 20, 2008 ás 11:27 am |
[…] De volta na casa, entre as novidades que me quedan por ler, foron me dar os ollos a Poderosa, de Sérgio Klein. Non é que coñeza moitos datos de Sérgio Klein, nais ben son escasos, nin sequera Xerais, a casa editora en galego, ofrece grande cousa […]
Setembro 22, 2008 ás 6:28 pm |
[…] non está paxinada, a correspondencia coas páxinas establecereina coa versión traducida de Xerais. Deste xeito poderanse catar as diferenzas entre as dúas versións aínda que só se lea unha. […]
Novembro 3, 2008 ás 1:02 pm |
[…] Pena preséntanos no lg3 de Culturagalega unha estupenda crítica á novela de Sérgio Klein, Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man. Recuperamos un fragmento do texto: Sérgio Klein […]