“Guía dos camiños do Eume”

Acaba de aparecer nas librarías a Guía dos camiños do Eume, a primeira guía sobre o Parque Natural das fragas do Eume, preparada por Chano Eiroa. A guía está dispoñible tamén en castelán.

O río Eume percorre algúns dos ecosistemas máis valiosos e á vez máis ameazados de Galicia. As turbeiras da Serra do Xistral e as fragas do Eume. Parque Natural, son o nacemento e desembocadura deste curso de 80 km de axitada natureza, principio e fin dun percorrido polos antigos camiños das Terras do Eume.

A medio camiño entre guía e libro de viaxes, atravesando os ríos, bosques e aldeas do Eume, este primeiro libro de Chano Eiroa aprópiase dunha engaiolante paisaxe que se descobre a través de rutas (camiñadas dun día); travesías (de dous días) e aproximacións polos corredores naturais.

Guía dos camiños do Eume busca e enmalla 200 km de camiños, corredoiras, pistas, rozas e pasos de gando onde dorme a pureza do bosque atlántico. Só con esta cadencia do camiñante, se abre a natureza para que a súa esencia penetre e quede en nós, co seu clima, a súa vida salvaxe, a súa arquitectura tradicional e os seus habitantes.

Advertisements

Etiquetas: ,

Unha resposta to ““Guía dos camiños do Eume””

  1. Libraría Central Libreira Says:

    Quero darlle os meus parabéns ó autor, Chano Eiroa, por esta obra que é un pracer ter nas máns. Ten infinidade de datos dun área preto de Ferrol, e á que Ferrol debería prestar atención.
    Non temos politicos nesta vila que saiban facer promocion de todo o entorno.
    A Fraga do Eume e un destino turístico claro, que pode favorecer a esta bisbarra tan castigada polas mal chamadas “reconversions”
    Se non estiveche en Caaveiro, Monfero, se non visitáche a Fraga do Eume, non sabes o que perdíche… Pero aínda estas a tempo. Convídoche a que á visites, e si pode ser co libro de Chano Eiroa nas máns, moito mellor. centrallibrera@telefonica.net Teléfono 981 35 27 19

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: