Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto:
- 1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza.
- 1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor.
- 2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas.
- 3 domingo, ás 20,30 h. Presentación de Atracción total de Carmen Blanco en homenaxe a Xoana Capdevielle e Francisco Pérez Carballo. Intervirán: Luz Pozo, Manuel Bragado e a autora.
- 4 luns, ás 19,00 h. Presentación de As mellores intencións de Begoña Paz. Intervirán: Manuel Bragado e a autora.
- 4 luns, ás 20,00 h. Presentación de Festina lente de Marcos Calveiro. Intervirán: Óscar Sánchez, Manuel Bragado e o autor.
- 4 luns, ás 20,30 h. Agustín Fernández Paz asina O único que queda é o amor.
- 5 martes, ás 20,00 h. Presentación de Incertos de Antón Dobao. Intervirán: Francisco X. Fernández Naval, Miguelanxo Prado, Manuel Bragado e o autor.
- 5 martes, ás 20,00 h. Chelo Suárez asina A venus de cristal.
- 6 mércores, ás 19,00 h. Xosé Neira Vilas asinará exemplares da súa obra.
- 9 sábado, ás 20,30 horas. Fina Casalderrey asina A pomba e o degolado.
Etiquetas: agustín_fernández_paz, antón_dobao, begoña_paz, carmen_blanco, chelo_suárez, herminio_barreiro, manuel_rivas, marcos_calveiro, suso_de_toro, xosé_neira_vilas
Xullo 31, 2008 ás 9:29 am |
[…] Xosé Manuel Eyré publica unha moi gabanciosa crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz. Así mesmo, en Galicia hoxe publica unha entrevista coa autora. As mellores intencións será presentada na Feira do Libro da Coruña, o vindeiro luns día 4, ás 19:00 horas. […]