O blogueiro Martin Pawley publica unha anotación sobre a aparición da tradución portuguesa d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. Reproducímolo polo seu indubidable interese:
A publicación na editora de Nelson de Matos dunha tradución ao portugués de O único que queda é o amor do amigo e mestre Agustín Fernández Paz é un fito que non debe pasar inadvertido. É a primeira vez que un dos grandes da LIX galega aparece nunha (coidadísima) colección “para adultos”, compartindo catálogo con figuras indiscutíbeis da cultura lusófona coma José Cardoso Pires, Pepetela e Manuel Alegre. Nunha aposta valente do editor, o autor é presentado xa na capa como un “fascinante escritor galego”. Galego, insisto. Da mesma maneira, na lapela dise do libro que “Com ele a literatura galega toma lugar na nossa colecção”, para logo engadir que é “Uma literatura fascinante numa língua irmã”.
Traballados con mestría e sutileza, os relatos reunidos no volume acaban por compoñer unha verdadeira enciclopedia sobre o amor, e reivindican con emoción e saudade a súa capacidade transformadora, coa certeza de que amar fainos diferentes. A súa chegada ás librarías dun país que tamén temos por noso coloca ao bo de Agustín nunha posición de privilexio. E ben merecida, abofé que si.
Etiquetas: fernández_paz, nelson_de_matos, pawley, relatos
Xullo 10, 2008 ás 8:07 am |
[…] literario. Ademais tamén nos fala da súa última obra, O único que queda é o amor, recentemente traducida ao portugués, e fainos algunhas recomendacións de lecturas para este […]
Xullo 14, 2008 ás 7:57 pm |
[…] hoxe as primeiras críticas publicadas en Portugal sobre So resta o amor, a tradución d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. Reproducimos […]