“O pequeno señor Paul”

A vindeira semana chegará ás librarías O pequeno señor Paul, o fermoso libro de relatos de Martin Baltscheit, traducido do alemán por Patricia Buján, onde a lectura é o centro da vida dun entrañable personaxe.

O pequeno señor Paul vivía nun mundo cheo de libros, adoraba os libros. Medrou entre árbores cargadas de libros e dedícalle todos os días un tempo á lectura. Ás veces encóntrase con que un libro ten un final errado e, sen pensalo dúas veces, aló vai ver o escritor. Ou se ten que cambiar algo na súa vida, vai a un taller de remendos ou sobe a un tren invisible, rumbo ao país da risa perdida, en que coñece un home forzudo que lle explica como se pode saber que aspecto ten un día bo ou un día malo, se está agochado dentro dun bolso. No mundo do señor Paul, todo o que teña espazo entre as tapas duras dun libro e o que faga vibrar a alma dun lector é posible. E todo iso, son moitas, moitas cousas… En breves relatos ilustrados por Ulf K., orixinais e sorprendentes , Martin Baltscheit vainos presentando ao señor Paul, protagonista de todas as historias, amosándonos, ao tempo, unha mirada inxenua e aguda da realidade.  

Advertisements

Etiquetas: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: