“Os nomes do traidor”, a presentación

A presentación d’ Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso, na Feira do libro de Vigo resultou moi concorrida. O libro foi glosado pola xornalista Belén López que comezou a súa intervención recordando que a novela de Xurxo Sierra fora a súa primeira opción cando foi membro do xurado do premio Xerais no ano 2007. “Sóubome a gloria cando a lin, porque reivindico o sentido do humor para a literatura galega. Os nomes do traidor ten unha estrutura fantástica e un final apoteósico. É unha novela refrescante, reconfortante porque reivindica o pracer da lectura. Recómendoa!”, comentou a xornalista de Diario de Pontevedra na súa intervención.

Pola súa banda, Xurxo Sierra Veloso comezou a súa intervención salientando que a palabra clave da novela é identidade. “Dende nenos sempre xogamos a ser outras persoas. Todos aspiramos nun momento determinado a comezar as nosas vidas de cero, a poder agasallarnos unha nova vida, que comece dende o principio, conseguir unha nova identidade. O protagonista da miña novela é unha persoa corrente, é un home que leva unha vida gris que muda radicalmente un día cando se lle ofrece a posibilidade de adoptar unha nova identidade, mais que non lle vai solucionar o problema, a agrisalla que o acompaña.” Con respecto á forma da novela, Sierra comentou que “pensei que lle viña ben o multiperspectivismo, unha fórmula que na novela galega tivo brillantes antecedentes como Scórpio de Ricardo Carvalho Calero“.

Advertisements

Etiquetas: , , ,

Unha resposta to ““Os nomes do traidor”, a presentación”

  1. ferradura en tránsito » Un casoiro ben mal amañado, predio Says:

    […] de continuar, unha observación. Da lectura de Os nomes do traidor decatariádesvos, e lectoras e lectores fieis desta Ferradura, que non subín anotacións de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: