“Festina lente”, corre a modo

Reproducimos, polo seu indubidable interese, a anotación de Cesare sobre a lectura de Festina lente (unha novela que está tendo unha acollida máis que entusiasta entre os lectores):

Dime un bo conselleiro: tes que lelo. E entre a viaxe no avión e estas últimas horas alí a vai, unha novela moito máis ca fabulosa: Festina lente, de Marcos S. Calveiro. Algo enredante no principio, faise máis lixeira e cativadora conforme a acción pasa ao primeiro plano e se desviste desas roupaxes de contextualización que a pexan un pouco. As aventuras do encadernador Ambrosio Cavaleiro, a fala dos arxinas e a Compostela do XVI encaixan perfectamente no marco desa ficción sobre o pasado europeo que levamos anos lendo e ulindo. É esta unha novela pra traducir, pra exportar, que se pode vender nas librarías de Copenhague como se fora un código da vinci (en bo), coma un pequeno nome da rosa. Incluso ten un fermosísimo final, que releo sen fartura, e que dá pra unha segunda parte ou unha terceira do manuscrito de tres serpes unidas polo baixo, na historia de todas as épocas, adiante e atrás. Algunhas pegas hai, claro, en nomes de lugares, na falta dun mapa da compostela da época, nunha páxina demasiado chea de franciscos ou nun lavanco que cae do niño cando os lavancos fan os niños ao ras. Ou que nunha novela de encadernadores, o último caderniño se me despegase. Pero se eses son os males, moita é a bondade.

Advertisements

Etiquetas: , ,

Unha resposta to ““Festina lente”, corre a modo”

  1. Brétemas » Camiñar por Compostela da man de «Festina lente» Says:

    […] os Clubes de Lectura (un concepto que debemos ampliar ao de «Voluntariado da lectura») e a potencia sedutora da novela de Calveiro, que un ano despois da súa aparición, segue conquistando nunha […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: