“A idade da auga”, por Gonzalo Navaza

O escritor Gonzalo Navaza presentou A idade da auga, o libro de relatos do escocés James R. Salter, escritos en inglés, publicados orixinalmente en galego e ambientados na cidade de Vigo. Navaza comezou a súa intervención salientando o feito de que estes oito relatos ambientados nun Vigo inundado de mar e de subxectividade, tiñan o valor engadido especial para os lectores galegos de tratarse dunha visión foránea que foxe do costumismo. Mais sendo isto importante, continuou Navaza, “o atractivo do libro de Salter está na cuestión técnica, na prodixiosa forma de contar, nunha subxectividade que se vai deformando sobre a paisaxe dunha cidade que ten algo de proteico, mais tamén de hostil. Esa caracterización da cidade viguesa, a grande protagonista do libro, aparece no texto de Salter ata os límites do pesadelo”. “A idade da auga é un libro fantástico na medida que deforma outra realidade que non é nada realista (nin tampouco nada costumista), pero que está chea de detalles, que conforman a propia realidade. Cidade deformada pola hipérbole, pola subxectividade dos personaxes, de xeito que o lector acaba mergullado nunha cidade monstruosa. A paixón do individuo acaba deformando unha realidade que se vai transformando en fantástica”.

Advertisements

Etiquetas: , , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: