Marcos Calveiro, entrevistas

Con motivo da presentación de Festina lente, celebrada onte na Libraría Couceiro de Santiago, Marcos Calveiro foi entrevistado por La Voz de Galicia, El País, AGN e Galicia hoxe.

Nestas entrevistas, Marcos Calveiro define Festina lente como “un relato sobre os libros como armas de coñecemento que poden amolar o poder”. “É unha novela na Compostela dos séculos XVI e XVII, que era moi rica en personaxes. Conta a vida dun encadernador de libros e o que hai arredor das primeiras impresións e tipografías. A historia xira arredor dun códice e do mundo dos canteiros. Reprodúcense verbas da linguaxe dos canteiros, arxinas. É un gran fresco histórico.”

Marcos Calveiro salienta nas entrevistas que na obra se fala dos libros como “fonte de coñecemento e liberación”, especialmente “nos tempos de intolerancia que vivimos, non só no mundo islámico, senón tamén no occidental”.

Calveiro tamén salientou o carácter compostelán da novela: “Consultei moitos libros na Fundación Penzol de Vigo. Nomes de arquitectos, impresores e tipógrafos que cito no libro son reais, como o son os nomes de moitos libros: títulos da biblioteca do Conde de Gondomar, ou que aparecen no Arquivo Xeral de Simancas como libros prohibidos… Tamén falo de feitos históricos como a derrota da Armada Invencible, o ataque de Drake á Coruña, a propia Inquisición… porque tiveron un reflexo real na vida da xente. E a novela é un gran fresco do Santiago da época, da vida cotiá”.

Etiquetas: , , , , , , ,

4 Respostas to “Marcos Calveiro, entrevistas”

  1. Marcos Calveiro, entrevistado por Fervenzas « Xerais blog Says:

    […] Fervenzas literarias publica unha longa e interesante entrevista con Marcos Calveiro a raíz da presentación en Compostela de Festina lente. Escollemos dous parágrafos significativos do […]

  2. Xerais na Feira do Libro de Vigo « Xerais blog Says:

    […] martes, ás 20,30 h: presentación de Festina lente de Marcos S. Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Fran Alonso e o […]

  3. “Festina lente”, os espazos da novela « Xerais blog Says:

    […] lente”, os espazos da novela Culturagalega.org tivo a feliz idea de acompañar a Marcos Calveiro no percorrido dos espazos composteláns de Festina lente. Un vídeo que moito […]

  4. Brétemas » Camiñar por Compostela da man de «Festina lente» Says:

    […] debemos ampliar ao de «Voluntariado da lectura») e a potencia sedutora da novela de Calveiro, que un ano despois da súa aparición, segue conquistando nunha boca orella continuo a novos lectores e lectoras. Festina lente é desas […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: