“Os nomes do traidor” de Xurxo Sierra Veloso

Os nomes do traidor, é a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso no catálogo de Xerais Narrativa. Reproducimos o texto da cuarta de cuberta:

Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante. Agachado nunha urbanización, o protagonista d’ Os nomes do traidor, a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso en Xerais Narrativa, agarda o momento en que os seus inimigos por fin o atopen e o asasinen. Mentres agarda, o perseguido reflexiona sobre as distintas e sucesivas identidades que tivo na súa vida, ningunha delas tan satisfactoria como para que pagase a pena loitar por defendela. A través dunha multiplicidade de voces e rexistros expresivos (a do protagonista, a da súa muller, a dos sicarios, a da súa filla, a do narco que planea a vinganza…) vanse abrindo ao lector esta novela intrigante, que ofrece dous niveis de lectura. A medio camiño entre o xénero negro e o psicolóxico, Os nomes do traidor consegue crear unha tensión narrativa, ben dosificada, que preside a vida oculta do protagonista e nos remite a unha novela de extraordinaria expresión cinematográfica.

A novela de Xurxo Sierra será presentada na vindeira Feira do Libro de Vigo.

Advertisements

Etiquetas: , ,

3 Respostas to ““Os nomes do traidor” de Xurxo Sierra Veloso”

  1. Xerais na Feira do Libro de Vigo « Xerais blog Says:

    […] venres, ás 20,30 h: presentación d’ Os nomes do traidor de Xurxo Sierra Veloso. Intervirán: Belén López, Manuel Bragado e o […]

  2. “Os nomes do traidor”, a presentación « Xerais blog Says:

    […] nomes do traidor”, a presentación A presentación d’ Os nomes do traidor, a novela de Xurxo Sierra Veloso, na Feira do libro de Vigo resultou moi concorrida. O libro foi […]

  3. ferradura en tránsito » recuperando literatura: OS FÍOS (Xurxo Sierra Veloso, Galaxia) Says:

    […] ten algo que dicir. Falemos agora da novela de Xurxo Sierra Veloso. Unha novela que lembra exitosa Os nomes do traidor . Naquela ocasión presentábase como tres crimes, ocorridos en lugares moi afastados e sen ningunha […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: