O vindeiro 26 de xuño chega ás librarías portuguesas So resta o Amor, a tradución ao portugués d’ O único que queda é o amor, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz. O libro é a terceira entrega da colección “Mil horas de leitura” de Ediçoes Nelson de Matos, tras o Lavagante de Joe Cardoso Pires e Contos de Morte de Pepetela. Nelson de Matos presenta a Agustín Fernández Paz como “Um fascinante escritor galego”. Reproducimos a folla promocional do libro que remata de forma ben expresiva: “Com ele a literatura galega toma lugar na nossa colecçao. Uma literatura fascinante numa língua irma.”
Etiquetas: amor, fernández_paz, nelson_de_matos, relato
Xuño 25, 2008 ás 3:35 pm |
[…] 2 mércores, ás 20,00 h: Agustín Fernández Paz asinará O único que queda é o amor. […]