“Dicionario de Fraseoloxía Galega”

O editor Miguel Anxo Fernán Vello publica na súa sección “Caderno aberto” de Galicia hoxe unha crítica entusiasta do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos un dos parágrafos máis significativos deste texto:

Estamos, pois, diante do máis completo dicionario de fraseoloxía dos publicados até o momento en Galicia; unha investigación que bebe -de aí a súa importancia e amplitude- nas fontes literarias e xornalísticas dos séculos XIX e XX, sumándolle así á fraseoloxía oral a riqueza inventiva que sobre o particular fornece o idioma galego escrito. Nada que lle envexar ten a presente obra ao magnífico Dicionário de expressões populares portuguesas, de Guilherme Augusto Simões, marabilloso compendio de arcaísmos, rexionalismos, ditos, frases feitas, lugares comúns e curiosidades da linguaxe. ¿Quere vostede dicir dar la murga? Non o dubide. Deberá empregar a seguinte frase: Tocar o pandeiro.

Advertisements

Etiquetas: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: