“O único que queda é o amor”

O blogueiro Arume dos Piñeiros publica unha longa e moi traballada crítica sobre O único que queda é o amor, o libro de relatos máis recente de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell. Recollemos o derradeiro parágrafo dun texto moi interesante:

“AFP é autor vencellado á literatura xuvenil: os seus libros son devorados polos mozos porque están construidos cunha sinxeleza e cunha eficacia narrativa extraordinarias. Este libro tal vez sexa considerado nesa liña, porque desde un punto de vista editorial, se cadra coas ilustracións (magníficas por outra parte), pode dar a impresión de libro para a mocidade. Non adiviño a intención da editora, pero é evidente que é un libro que non debe ser esquecido polos adultos. AFP compón un retrato por veces terrible do paso do tempo: terrible por melancólico, por trazar vidas que puideron ser e ao cabo non foron. “O único que queda é o amor” declara o título: estimo que AFP quere crer que coas palabras así pronunciadas conxura ao tempo e á morte. Pero da lectura dos seus textos, eu creo que o único que queda (afortunadamente) son as palabras, as súas palabras. E moita nostalxia, moita tristura, moita melancolía.”

Etiquetas: , ,

Unha resposta to ““O único que queda é o amor””

  1. “So resta o amor” « Xerais blog Says:

    […] So resta o amor, a tradución ao portugués d’ O único que queda é o amor, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz. O libro é a terceira entrega da colección “Mil horas de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: