“Xenaro e o misterio da mochilota verde”, Premio Merlín 2008

O xurado da 23 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil dotado con 10.000 euros formado por: formado por Manuel Figueiras Fernández (profesor e responsable da BLIX, Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil), Adolfo Gálvez Pazos (profesor e responsable de Biblioxest), Beatriz Pereiro Pérez (profesora), Óscar Villán (ilustrador), Laura Sáez Fernández (tradutora e intérprete) e Helena Pérez Fernández (editora), en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as trinta e dúas obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: “Cómpre botar unhas palabriñas máxicas”, “Indanonseiben” (teatro), “Paspallasazul” e “XX27/ni-0”.

Despois da súa última deliberación, acordou por unanimide declarar como gañadora a presentada baixo o lema “… Cómpre botar unhas palabriñas máxicas” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Mar Guerra Cid e corresponde ao título Xenaro e o misterio da mochilota verde. Así mesmo, o xurado recomendou á editorial a publicación da obra presentada baixo o lema “Paspallasazul”.

Xornalista de profesión, Mar Guerra Cid naceu en Madrid hai 44 anos, pero vive na Coruña dende 1987. Ten traballado para diferentes medios galegos, tanto en xornais como axencias e mesmo algunha radio. Na actualidade desenvolve a súa carreira profesional en Masstres Comunicación, un gabinete de seu, montado na Coruña en 1997 xunto a dúas socias. Xenaro e o misterio da mochilota verde é a súa primeira novela, aínda que obtivo o terceiro premio do IIº Concurso de Relatos da Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo, no pasado mes de marzo, polo texto Pel de Pataca.

O xurado definiu a obra galardonada co Premio Merlín 2008 como “un trhiller psicolóxico” que desenvolve unha historia cotián de rapaces e rapazas dun centro escolar. Esta é unha novela que, xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa linguaxe e o humor, propón unha viaxe ao mundo dos nenos e nenas de hoxe. A Xenaro Conese Maiúsculo, que así é o nome do protagonista de once anos desta historia, o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Un rapaz normaliño ao que tamén lle gostan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais, e a música…; porén, Xenaro, pode parecer un bicho raro, por que tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio.

Mar Guerra Cid declarou, no momento de recibir o premio Merlín, que “o meu Xenaro leve o Merlín é un inmenso honor, que agradezo de verdade e me enche de orgullo, pero diante de todo é cousa de tolos; unha completa loucura. A ver se non: unha madrileña, residente en “La” Coruña e co castelán coma lingua nai, sexa a gañadora do máis prestixioso galardón de Literatura Infantil do país? Abraiante. E ademais unha “primeira novela”; mesmo un relato sinxelo, sen efectos especiais: unha historia de amizade, cotiá, case que corrente. Ao mellor é que as palabriñas máxicas que lle botei ao manuscrito funcionaron… Ou, se cadra, que logrei transmitir o inmenso respecto que lle teño ao galego e o meu amor pola escrita”.

Advertisements

Etiquetas: , , ,

3 Respostas to ““Xenaro e o misterio da mochilota verde”, Premio Merlín 2008”

  1. Adianto de “Xenaro e o misterio da mochilota verde” « Xerais blog Says:

    […] e o misterio da mochilota verde” Aquí pode lerse o pdf dun capítulo do orixinal de Xenaro e o misterio da mochilota verde, a novela de Mar Guerra gañadora do Premio Merlín de Literatura […]

  2. luz rey lago Says:

    Parabéns amiga Mar. É o descubrimento dunha nova escritoria que de seguro dará moito que falar.
    Bicos e sorte.

  3. Colexio Anxo da Garda Says:

    Toda a comunidade educativa do colexio Anxo da Garda, de A Coruña, estamos orgullosísimos de contar entre nos con Mar Guerra, nai de dous alumnos do colexio. Moitas felicidades Mar e contamos contigo para que nos veñas facer partícipes da túa sensibilidade literaria.
    Parabéns.
    O Director

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: