Anunciouse onte a obra gañadora do VIIIº Premio de Narrativa Terra de Melide: O Globo de Shakespeare de Santiago Jaureguízar. O xurado do certame, formado por Xesus Manuel Marcos, Xaquín Vázquez, Anton Pedreira, Óscar Sánchez e Manuel Bragado, entre as vinte e unha obras participantes, apostou por esta obra que propón unha viaxe tras o primeiro manuscrito de Hamlet que, supostamente, estaría agochado nun pazo de Ribadeo. O Globo de Shakespeare, alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), supón, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, do escape das vidas, da soidade e dunha sociedade onde non hai posibilidades para o amor. O monifateiro Ricardo e o seu pai, o pintor Leandro, tras a tola e valleinclanesca procura do manuscrito agochado, emprenderán unha viaxe que, irremediablemente, rematará cuna apoteósico final tráxico. A novela será publicada en Xerais Narrativa no mes de outubro. Jaureguizar recibirá este serán en Melide o premio (6.000 euros), tras a merecidísima homenaxe que a AELG tributará a Xosé Vázquez Pintor, un dos nosos máis grandes escritores.
Etiquetas: jaureguizar, novela, terra_de_melide, vázquez_pintor
Xuño 7, 2008 ás 10:13 am |
Busco estudiante de último curso o licenciado en historia, filosofía, antropología o humanidades, para elaborar uno o dos tema e incluirlos en un libro texto para segundo de la ESO. El libro se traducirá al inglés para su publicación.
Interesados, enviarme un e-mail. Muchas gracias. educationforcitizenship@gmail.com
Xuño 10, 2008 ás 7:00 am |
[…] a Jaureguizar Galicia hoxe entrevista a Jaureguizar con motivo da obtención do premio Terra de Melide 2008 por O Globo de […]
Outubro 9, 2008 ás 10:46 am |
[…] os primeiros exemplares d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Unha novela que alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as […]