Esta semana aparece nas librarías Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), volume memorialístico de Herminio Barreiro, profesor de Historia da Educación da Universidade Compostelana e membro do grupo Brais Pinto.
Esta é a crónica sentimental dunha experiencia escolar e universitaria que arranca da máis inmediata posguerra e chega ata promediada a década dos sesenta. Pequena historia persoal dun tempo amargo, desenvólvese entre Galicia e Madrid e vén sendo como unha especie de rememoración autobiográfica da infancia e da mocidade. Por veces resulta como un monólogo interior de tipo pedagóxico, trufado cos máis diversos retratos da época así como variados excursos a propósito da historia do ensino e de distintos aspectos de actualidade. Unha escrita autobiográfica de enorme beleza e profundidade.
Maio 30, 2008 ás 8:48 am |
[…] Manuel Rivas dedica hoxe o seu artigo semanal do suplemento “Luzes” de El País a Recordar doe, o libro memorialístico de Herminio […]
Xullo 18, 2008 ás 5:46 pm |
[…] doe”, por Marcos Valcárcel Marcos Valcárcel publica unha fermosa anotación sobre Recordar doe, as memorias escolares e universitarias de Herminio […]
Xullo 19, 2008 ás 10:44 am |
[…] A Nosa Terra entrevista a Herminio Barreiro, a propósito da aparición de Recordar doe, as súas memorias escolares e universitarias. Recollemos a primeira respostas de […]