«Educación para a Cidadanía 2º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Educación para a Cidadanía 2º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

Esta proposta, con 120 páxinas, presenta 4 bloques de contidos que desenvolven o currículo establecido pola Consellaría de Educación da Xunta de Galicia (2007). Cada bloque está dividido, á súa vez, en diferentes partes, que se corresponden co concepto de unidade didáctica. En total, o libro consta de 16 unidades (5 unidades por trimestre).

O libro presenta a seguinte estrutura:

SUMARIO: cada bloque ábrese cun sumario onde se detallan as unidades que se van desenvolver.

QUE SABES DE…?: neste apartado, que abre cada unha das unidades, inclúense actividades de problematización destinadas a presentar os contidos mediante textos, vídeos, imaxes, formulación de hipóteses… Trabállase coa aprendizaxe previa do alumnado co fin de reflexionar e suscitar problemas.

PARA COMPRENDER: as cuestións formuladas en «Que sabes de…?» estrutúranse teoricamente neste apartado. Aquí desenvólvense os contidos conceptuais, apoiados e reforzados cos cadros denominados «Informámonos» (con actividades, textos de lectura ou visionado de imaxes) e «Reflexionamos» (con actividades de reflexión e comprensión).


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
e PARA SABER MÁIS: apartados que pechan cada bloque, onde se ofrecen materiais complementarios e actividades de ampliación.

DVD PARA O PROFESORADO
O libro vai acompañado dun DVD para o profesorado onde se incorpora o material audiovisual (fundamentalmente cortes de filmes) ao que se fai referencia no manual.

Premendo na imaxe que vén deseguido pódese ver o índice de contidos do libro.

Etiquetas: , ,

5 Respostas to “«Educación para a Cidadanía 2º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009”

  1. Martin Pawley Says:

    Interesante o dos cortes de filmes. Por certo, que filmes?

  2. education-for-citizenship Says:

    Busco estudiante de último curso o licenciado en historia, filosofía, antropología o humanidades, para elaborar uno o dos tema e incluirlos en un libro texto para segundo de la ESO. El libro se traducirá al inglés para su publicación.

    Interesados, enviarme un e-mail. Muchas gracias. educationforcitizenship@gmail.com

  3. Programación de “Educación para a cidadanía”, 2º de ESO « Xerais blog Says:

    […] Aquí pode descargarse a programación de Educación para a cidadanía de 2º de ESO. […]

  4. “Educación para a cidadanía” « Xerais blog Says:

    […] para a cidadanía” Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre os nosos libros de Educación para a cidadanía de 2º de […]

  5. Educación para a cidadanía « Xerais blog Says:

    […] La Voz de Galicia publica hoxe unha reportaxe sobre os manuais de Educación pra a cidadanía para 2º de ESO. O autor da reportaxe dedica un despece ao libro editado por Xerais. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: