Hoxe chegaron do prelo os primeiros exemplares de Festina lente, a primeira novela de Marcos S. Calveiro que publicamos en Xerais Narrativa. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia. Estará nas librarías na vindeira semana.
Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia.
Etiquetas: calveiro, festina_lente, novela
Maio 22, 2008 ás 9:07 am |
Parabéns polo novo “figlio”. Moi “manuziano” por certo ata na capa. Hai ganas de velo.
Maio 28, 2008 ás 1:16 pm |
antiseptic says : I absolutely agree with this !
Maio 28, 2008 ás 1:17 pm |
guile says : I absolutely agree with this !
Maio 28, 2008 ás 1:18 pm |
retainer says : I absolutely agree with this !
Maio 30, 2008 ás 8:56 pm |
[…] lente”, adianto primeiras páxinas Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de […]
Xuño 18, 2008 ás 5:10 pm |
Somehow i missed the point. Probably lost in translation 🙂 Anyway … nice blog to visit.
cheers, Lodger
.
Setembro 4, 2008 ás 9:55 am |
[…] Vén sendo que nos últimos días veño de establecer comparacións, por dúas veces, entre dúas novelas editadas en colección para adultos e outras dúas editadas en colección para moz@s. Entre Rinocerontes e Quimeras e A vida nova de Madame Bovary, e tamén entre Veleno tinto e Festina lente. […]
Abril 21, 2009 ás 2:44 pm |
[…] da novela de X.M. Pacho Blanco, e tamén de Festina lente, e, polo que me contaba, tamén me falou dalgún best-seller nórdico, puiden deducir que non a […]
Outubro 22, 2009 ás 7:12 pm |
[…] en colaboración con Edicións Xerais, organiza un encontro co escritor Marcos Calveiro, autor de Festina lente, a novela proposta no club de lectura Sete Vidas para o mes de outubro. O acto, presentado polo […]