“Sopa de marsopa”: nace o detective Bilbo Bons

Galicia hoxe entrevista á escritora Isabel Freire con motivo da publicación de Sopa de marsopa, a novela infantil na que nace o detective Bilbo Bons. Recollemos un parágrafo da entrevista:

“Mais, lonxe dos arquetipos de detectives máis habituais, este personaxe, segundo di a autora, é ‘inxenuo, bondadoso, amigo dos animais e moi curioso, unha curiosidade que o leva a seguir calquera cousa estraña’. Así comeza a primeira aventura de Bilbo Bons que, investigando a desaparición dunha marsopa do zoo, dá cun home no mercado que pide centos de quilos de polbo. Acompáñao o narrador da historia, o seu bo amigo o comisario xefe de policía Roncudo Lor, un home ‘malhumorado e gruñón, que se deixa arrastrar e non é curioso pero que mantén unha amizade bonita e sincera con Bilbo’, apunta a coruñesa. Autora dunha serie de literatura infantil dedicada ao peixe Glub, Isabel Freire coida que os ingredientes para unha novela dirixida aos máis pequenos ‘son os mesmos que para adultos’. Ao seu ver, ‘hai que facer algo divertido para captar os lectores, e empregar unha linguaxe adaptada aos niveis de lectura’ para que quede un pouso, que no caso da novela, é ‘o sentido da lealdade’.”

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: