Esta semana poñemos á venda Atracción total, o novo libro de microrrelatos de Carme Blanco. O libro será presentado o vindeiro 24 de maio, ás 12:00 horas na Feira do Libro de Lugo, coincidindo co Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme.
Atracción total é unha obra en busca da verdade poética nos extremos máis extremos do microrrelato e do relato de relatos. O libro deseña, con retallos, un tapiz de tapices, como a vida, e foi escrito como que cose. Nel faise unha exaltación radical do pracer, da liberdade, das mulleres, dos homes, da natureza, do progreso harmónico e da memoria contra o poder, para asumir plenamente a vida, en paz, con alegría e ata as súas últimas consecuencias. Con el, pois, atracción total: o amor, a liberdade, a vida.
Etiquetas: carme_blanco, microrrelato
Xuño 13, 2008 ás 8:43 am |
[…] O xornal Galicia Hoxe publica unha entrevista con Carmen Blanco a raíz da súa publicación de Atracción total na nosa colección de Narrativa. Transcribimos un […]