Novidades para o público pequeno

A Nosa Terra destaca nunha información ás máis recentes novidades infantís da editorial. A eses títulos hai que engadir dous novos merliños, álbums en rústica para os primeiros lectores: Bea de Iván Sende e Bertiño Rompetodo de Ramón Caride e Chus Ferrín.

Bea, aínda que hoxe xa é maior, hai trinta anos tamén era unha nena. E igual que as nenas de hoxe en día sempre quere quedar cinco minutiños máis na cama antes de se erguer para ir á escola. Bea vive cos seus pais e mentres coida das súas irmás, estuda e fai os deberes, rega as plantas… pensa que vai ser de maior: ¿será deportista, bandoleira, astronauta?, pero ten un segredo, hai algo que lle gusta moito facer e co que goza sempre que pode. Ás veces non é doado ser a irmá maior.

Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, colle un conto na librería e alá van os andeis e os libros, ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra…

Etiquetas: , , ,

Unha resposta to “Novidades para o público pequeno”

  1. “Bea”, primeira crítica « Xerais blog Says:

    […] Paula Fernández publica no Faro da Cultura a primeira crítica sobre Bea, o álbum escrito e ilustrado por Iván Sende publicado na serie “Merliño“. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: