“A idade da auga”

Cesare publica no seu blog As túas balas unha anotación sobre a súa lectura d’ A idade da auga, o libro de James R. Salter que apareceu o pasado mes de xaneiro. Recollemos un anaco:

“Sempre crin que o que máis me gustaba da escrita de Uxía Casal era que non parecía galega, senón alieníxena. Algo do mesmo sinto cando leo fugazmente as páxinas d’ A idade da auga, de James Salter, a primeira novela deste escocés de glaspop, editada directamente en galego e centrada, en boa parte, na Cidade. Relatos fermosos, alieníxenas, escritos de xeito que esa paisaxe que recoñecemos como propia sexa ao mesmo tempo calquera paisaxe e todas as paisaxes: unha cidade de ciencia-ficción, de algoritmos e casualidades; unha presada de contos que se esfiañan, que nin empezan nin acaban, como snapshots dun edificio reflectido nunha pinga de auga. Non son historias extraordinarias: só a discreta e húmida ficción do común.”

Advertisements

Etiquetas: ,

2 Respostas to ““A idade da auga””

  1. “A idade da auga”, crítica « Xerais blog Says:

    […] crítica Dolores Martínez Torres publica no Faro da Cultura unha crítica sobre A idade da auga, o libro de relatos de James R. […]

  2. “A idade da auga”, por Gonzalo Navaza « Xerais blog Says:

    […] por Gonzalo Navaza O escritor Gonzalo Navaza presentou A idade da auga, o libro de relatos do escocés James R. Salter, escritos en inglés, publicados orixinalmente en galego e ambientados na cidade de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: