Presentación “Fidel Castro. A miña vida”

O mércores 16 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase na Biblioteca de Marín a presentación do libro Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet. No acto, organizado por Xerais en colaboración co Colectivo Nacionalista de Marín, participarán Xosé M. García Crego, tradutor da edición galega e director de edición da editorial; Moncho Leal, representante da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” e Alejandro Fuentes Hernández, cónsul xeral da República de Cuba en Galicia.

Fidel Castro. A miña vida. Conversas con Ignacio Ramonet, publicado en Cuba co título Cien horas con Fidel, ven sendo un repaso demorado pola vida, a obra e o pensamento dunha das figuras máis destacadas da historia recente da humanidade. Esta é a edición completa do libro. No verán de 2006, Fidel Castro foi sometido a unha intervención cirúrxica por causa dunha crise intestinal aguda; meses despois a televisión tráenos as imaxes dun Fidel convalecente, cun bolígrafo na man: revisaba e completaba a primeira versión desta obra con novas revelacións inéditas sobre a súa infancia, a súa familia e a historia de Cuba, as relacións co Che, con Hugo Chávez e con Evo Morales, a política internacional e o futuro do socialismo. Como eran os seus pais? Onde e cando se forxou o rebelde? Estivo o mundo no límite dunha guerra nuclear durante a “crise dos mísiles”? Que significou a presenza do papa Xoan Paulo II na illa en 1998? Que pensa da globalización neoliberal, da guerra de Iraq e do presidente Bush? Por que as autoridades cubanas aplican unha política de arrestos contra opositores ao réxime? Por que permanece na lexislación cubana a pena de morte? Que fan centos de médicos cubanos en países diferentes de medio mundo? Existe corrupción no Estado? Que futuro para a revolución despois de Fidel Castro? As orixes galegas; os galegos no asalto ao cuartel Moncada e no proceso revolucionario. Opinións sobre Fraga Iribarne; e un capítulo especial para as relacións co Estado español, personificadas en Felipe González e José Mª Aznar son algúns dos temas abordados neste groso volume de máis de seiscentas páxinas que constitúe un amplo percorrido pola controvertida figura de Fidel Castro, ao tempo que un apaixonante relato sobre o pasado, o presente e o porvir da Revolución cubana.

Advertisements

Etiquetas: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: