Entrevista a Chelo Suárez

Chelo Suárez, que acaba de gañar o premio de literatura erótica Narrativas Quentes, é entrevistada por A Nosa Terra ao fío da publicación en Xerais Narrativa d’ A venus de cristal.

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela. Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.

Advertisements

Etiquetas: ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: