“Dicionario de Fraseoloxía Galega”

Despois de tres anos de traballo, o pasado venres entrou no almacén a edición do Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado polas profesoras Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias. A obra aparecerá nas librarías coincidindo coa Semana do Libro.

Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega.
A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: “a clave”, “a frase”, “o significado” e “o texto”. No campo da “clave” identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da “frase” diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de “significado” preséntase a definición da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo “texto”, proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.

Advertisements

Etiquetas: ,

Unha resposta to ““Dicionario de Fraseoloxía Galega””

  1. Incrible: o castelán recorre ao galego para ensinar chinés internacional da China - alema Says:

    […] aproveito tamén para fachendear que me regalaron o Dicionario de Fraseoloxía Galega, de Xerais, que non o tiña. Gustoume moito. Inclúe “Diola” para horror de moitos e […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: