O venres, 11 de abril, ás 20:00 horas, continuarán as presentacións de Xerais na Feira do libro de Santiago. Nese momento presentarse o libro de Henrique Alvarellos, Diario dun pai acabado de nacer. Manuel Bragado acompañará ao autor no acto, no que serán lidos fragmentos do diario.
O xornalista Henrique Alvarellos comezou este diario íntimo no mesmo intre de saber que ía ser pai. Aquí están as risas, os acenos, as anécdotas, as experiencias e mesmo «as medras» do novo ser, do cambio radical na vida de quen afronta a paternidade. A súa intención era tamén ir reflexionando sobre o papel do pai, esa función que ninguén adoita tratar, deténdose exclusivamente no intransferible labor da nai. Pois ben, aquí, un pai. O pai en primeiro plano, coprotagonista desde os primeiros días da vida do fillo. Durante cinco anos o autor viu medrar o seu fillo e gozou con el, que pasou de bebé a neno. Pero nestes cinco anos foi tamén o tempo en que, inesperadamente, o autor perdeu a seu pai. O resultado desa sacudida, desa contusión son as páxinas deste Diario dun pai acabado de nacer. Páxinas iniciáticas que envolven grandes momentos de ledicia, de ilusión e futuro; a carón dos momentos de desesperanza, de confusión e de dor.
Etiquetas: alvarellos, diario
Maio 1, 2008 ás 9:52 pm |
[…] mesmo, no mesmo espazo de Faro da Cultura hoxe aparecen os textos de Dorinda Castro Soliño sobre Diario dun pai acabado de nacer de Henrique Alvarellos e de Laura Caveiro sobre a tradución d’ O segundo sexo de Simone de […]