“A cidade e os días”

Por fin, despois de case oito meses de traballo, temos na imprenta a tradución d’ A cidade e os días, o voluminoso calendario histórico de Vigo de don Xosé María Álvarez Blázquez. Consideramos esta edición como un dos fitos máis relevantes na homenaxe nacional que a sociedade galega tributa ao editor de Monterrei e Castrelos. O libro estará nas librarías na primeira semana de maio. Presentamos a cuberta (na que pretendimos emular a realizada en técnica serigráfica na edición príncipe) e transcribimos a nota editorial que preparamos:

Esta edición d’ A cidade e os días, publicada por Xerais en colaboración coa alcaldía do concello de Vigo, rescata para a lingua galega o calendario histórico de Vigo, desenvolto por Xosé María Álvarez Blázquez ao longo de 1959 nas páxinas de Faro de Vigo e publicado, logo, en formato de libro por Ediciones Monterrei en 1960. Unha obra monumental, na que Xosé María ofrece un impresionante fresco histórico de Vigo, desde o burgo de pescadores da Idade Media que foi, pasando polo carácter de porto corsario que abrigou no século XVIII, ao empuxe da abella ribeira que a convertiu na cidade portuaria e industrial de hoxe. Tras a súa primeira publicación, hai case cincuenta anos, A cidade e os días –a pesar de que moitos dos datos e informacións, afortunadamente, foron superados pola actual historiografía viguesa– non perdeu un ápice do seu interese xa que constitúe moito máis ca un libro de historia. A cidade e os días é unha apaixonada biografía literaria da cidade de Vigo e da súa contorna, escrita cunha prosa maxistral e un alento narrativo moi notable. Eis nese carácter profundamente literario onde reside a importancia e a beleza deste grande relato colectivo, que dificilmente vai quedar obsoleto.

Etiquetas: ,

2 Respostas to ““A cidade e os días””

  1. Presentación “A cidade e os días” « Xerais blog Says:

    […] 10 de maio, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Marco (príncipe 54) de Vigo presentaremos a nosa edición d’ A cidade e os días de Xosé María Álvarez Blázquez . No acto participarán Alfonso […]

  2. “A cidade e os días”, crítica « Xerais blog Says:

    […] López Teixeira publica hoxe no Faro da Cultura unha crítica sobre a edición en galego d’ A cidade e os días, o calendario histórico de Vigo de Xosé María Álvarez […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: