O sábado 26 de abril, en Santiago de Compostela, terá lugar a entrega dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008.
Nove obras publicadas o pasado ano por Xerais atópanse entre as finalistas: Illa Soidade de An Alfaya, A lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey, Minimaladas de Carlos López Gómez, Boas noites de Paula Carballeira e O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz na categoría de literatura infantil; Hai cu: pintadas no báter de O Leo e Cólera de María Xosé Queizán, na de poesía; De provincia a nación: historia do galeguismo político de Justo Beramendi, na de ensaio e O señor Lugrís e a negra sombra de Luís Rei Núñez, na categoría de narrativa.
Abril 27, 2008 ás 10:01 am |
[…] Cea das Letras, celebrada onte en Santiago, Agustín Fernández Paz e Justo Beramendi recibiron os Premios AELG 2007 correspondentes ás categorías de Libro infanto-xuvenil e Ensaio, respectivamente. Os premios […]