“O señor Lugrís e a negra sombra”, de Luís Rei Núñez Premio da Crítica 2007

O señor Lugrís e a negra sombra, a máis recente novela de Luís Rei Núñez, foi a obra gañadora dos Premios da Crítica 2007 na categoría de narrativa. Este galardón, sen dotación económica, concedido pola Asociación Española de Críticos Literarios, recoñece a excelencia dunha novela que, dende a súa aparición na colección Xerais Narrativa o pasado mes de setembro concitara grande interese e apoio dos lectores.

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso “branco” ou os candorosos aprendices de literato… en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé mundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorprendeunos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.

O señor Lugrís e a negra sombra, obra da que tamén existe edición en castelán, contou cun pequeno “libro trailer” emitido durante o nadal.

Os parabéns do equipo da editorial para Luís Rei Núñez por tan importante e merecido recoñecemento.

Advertisements

Etiquetas: , , ,

Unha resposta to ““O señor Lugrís e a negra sombra”, de Luís Rei Núñez Premio da Crítica 2007”

  1. Premios Irmandade do libro 2007 « Xerais blog Says:

    […] novela de Luís Rei Núñez, que xa o pasado fin de semana obtivera o Premio da Crítica 2007, consolídase con este segundo recoñecemento consecutivo como a mellor novela galega editada o […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: