“Veleno tinto” de Ramón Carredano

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime.

Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual. Esta novela supón o primeiro título de Ramón Carredano na colección Fóra de Xogo, despois de obter en 2005 o Premio Merlín de Literatura Infantil.

Advertisements

Etiquetas: , , , ,

Unha resposta to ““Veleno tinto” de Ramón Carredano”

  1. “Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia « Xerais blog Says:

    […] de xuño, ás 20:30 horas serán presentados no Liceo de Noia Cazaría salvaxe de Agustín Agra e Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. No acto, organizado pola Asociación Culural Barbantia, La Voz de […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: