Serán pola paz

O 18 de abril, venres ás 20:00 horas, celebrarase no Teatro Caixanova de Vigo o SERÁN POLA PAZ. Un acto literario musical, conducido por Manuel Romón, inserido nas actividades do XXII Encontro de Educadores pola Paz, no que presentaremos os dos primeiros volumes da triloxía Educación e paz: 25 anos de Educadores pola Paz de Xesús R. Jares e Presente e futuro da construción da paz, libro colectivo, coordinado tamén por Jares, no que participan corenta ensaístas de todo o mundo.

Coa publicación desta triloxía, Xerais quere sumarse aos camiños da paz dos que nos fala Xesús R. Jares na introdución do primeiro dos volumes da triloxía: “os camiños da paz son sinónimos de compromisos, de accións, de reflexións, de estudos, etc., mais tamén de comunicación, de entrega, de tenrura, de afecto, de amor, de solidariedade, de reciprocidade. Son camiños para compartir e recoñecer, acompañar e estar acompañado. Camiños que veñen de moi lonxe, desde moi diferentes xeografías e espazos socioculturais”.

Ao longo deste SERÁN POLA PAZ, no que agardamos reunir a máis de seiscentas persoas, intervirán poetas e ensaístas participantes nos libros, ademais de contar coas actuacións de Abe Rábade e Berrogüeto. A entrada é libre, previa recollida das entradas na Concellería de Educación, Rúa Oporto, 1 (Ant. Edif. Reitorado), de Vigo.

Advertisements

Etiquetas: , ,

2 Respostas to “Serán pola paz”

  1. Presentación “Educación e paz” « Xerais blog Says:

    […] “Educación e paz” O venres, 18 de abril, ás 20:00 horas no seo do Serán pola paz serán presentados os dous primeiros volumes da triloxía Educación e paz, coordinada por Xesús […]

  2. Entrevista a Xesús R. Jares « Xerais blog Says:

    […] a Xesús R. Jares A raíz da celebración hoxe do Serán pola paz, onde serán presentados os dous primeiros volumes de Educación e paz, Faro de Vigo entrevista a […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: