“Cazaría salvaxe” de Agustín Agra

Wotan, o Demo Negro ou Señor do Inframundo, tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas e unha negrume inescrutábel ocupaba o baleiro que ía deixando. Nas noites de invernía saía de caza, dacabalo, coa compaña dos seus cadelos diabólicos, zugadores de sangue, que perseguían e degoaban canto atopaban. Mais, foi Ricardo Ferreiro, o rapazolo da aldea de Marselle que salvou o pelello por dúas veces, quen foi designado para ser o elixido. Cando regresou ao País do Vento, despois do seu longo exilio na Illa de Dona Escura do Mar Tenebroso, conseguiu cos poderes e artes alí adquiridos acabar con Wotan e pór fin a súa tiranía, que asolaba vilas e aldeas, aínda a custa de pagar un prezo altísimo por semellante afouteza.Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía, enfiada coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas, Cazaría salvaxe non deixa alento ao lector até a súa derradeira páxina. Esta estrea de Agustín Agra, gañador do Premio Merlín 2006, na colección Fóra de Xogo, aparecerá nas librarías o 10 de abril.

Etiquetas: , , , , ,

3 Respostas to ““Cazaría salvaxe” de Agustín Agra”

  1. X Says:

    Beizóns desde a Selva polo blog e beizóns tamén polo primeiro post do blogomilleiro Agustín Agra.

  2. “Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia « Xerais blog Says:

    […] en Noia O vindeiro venres, 27 de xuño, ás 20:30 horas serán presentados no Liceo de Noia Cazaría salvaxe de Agustín Agra e Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. No acto, organizado pola […]

  3. «Cazaría salvaxe», crítica no «Faro da Cultura» « Xerais blog Says:

    […] María Navarro publica no Faro da Cultura desta semana unha crítica da novela de Agustín Agra, Cazaría salvaxe. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: