“Alimentación saudable”

Que son as calorías baleiras? Por que é necesaria a fibra dietética? Que teñen de especial os ácidos graxos omega-3? Como é un menú axeitado para persoas con problemas de colesterol? Existe relación entre saúde e distribución de graxa corporal? Por que a obesidade é unha enfermidade? Que é iso dos prebióticos e probióticos?
Este libro da doutora Montserrat Astor e do profesor Xulio Astor pretende, cunha linguaxe sinxela e amena pero con toda a rigorosidade científica, contestar a estas preguntas e moitas máis que interesan ao gran público. Nos últimos anos os coñecementos sobre nutrición avanzaron a unha enorme velocidade, e as pautas, que ata hai ben pouco a ninguén se lle ocorrería pór en discusión, considéranse agora totalmente obsoletas. Unha dieta equilibrada e variada é fundamental para a saúde e benestar de cada un de nós, e un consumidor ben informado terá os coñecementos necesarios para poder tomar as decisións correctas sobre a súa alimentación. Alimentación saudable aparecerá nas librarías a partir do 10 de abril.

 

Advertisements

Etiquetas: , ,

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


%d bloggers like this: