1994, XIº Premio Xerais

Ferrol, 5 novembro 1994

O vello “Hospital da Caridade” de Ferrol, recuperado nun completo e fermoso Centro Cultural, acolleu a celebración do fallo da undécima edición dos premios e da súa “Semana de actividades”. Novidades desta edición foron a presentación do diaporama, ¿Como se fai un libro?, preparado polo Departamento de Edición de Xerais; a Exposición de ilustradores da Colección Merlín e a conferencia inaugural da semana, sobre a situación do libro galego, a cargo de Víctor F. Freixanes.

Entre os 19 orixinais presentados, o xurado escolleu o titulado O cervo na torre, do xa premiado con anterioridade Darío Xohán Cabana. O xurado valorou d’ O cervo na torre a súa “aposta valente pola posibilidade da utopía, polo triunfo dos ideais (…) que rescata e recupera nestes momentos as ideas básicas de fraternidade, de liberdade e igualdade, que foron estandarte da Revolución Francesa”. Acollida de xeito entusiasta polos lectores, O cervo na torre foi o grande éxito editorial galego do ano 95.

Xurado XIº Premio Xerais de Novela: Xulia Díaz Sixto, José Antonio Ponte Far, Xaime Quintanilla Ulla, Celestino Rodríguez Cabana, Daniel Romero Rodríguez e X. Luís Méndez Ferrín (secretario sen voto).

Entre as 26 obras presentadas ó premio Merlín, o xurado escolleu por unanimidade a que levaba por lema “Polisón”, que logo foi titulada como A expedición do Pacífico da coñecida escritora Marilar Aleixandre.
A expedición do Pacífico transpórtanos ao século XIX para demerxernos nunha grandiosa aventura polos mares do sur, a través dunha rapaza que logra introducirse como polisón na goleta dunha expedición científica. Cargada de acción, de reflexións sobre o difícil papel de mulleres no seu mundo, ou sobre os costumes das sociedades que vai visitando este libro foi considerado pola crítica como “unha referencia obrigada na literatura infantil e xuvenil galega”. Obra aclamada unanimemente polos lectores, obtivo o Premio da Crítica do ano 1995, sendo a primeira vez que unha de carácter infantil e xuvenil obtiña este importante galardón. Foi traducida ao castelán e, dende a súa aparición, reeditada en oito ocasións (ata 2008).

Xurado IXº Premio Merlín de Literatura Infantil: Olaia Cociña Lozano, Denís Fernández Cabrera, Agustín Fernández Paz, María Golpe Varela, Manuel Pérez Grueiro e Helena Pérez (secretaria sen voto).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: