Marcos Calveiro, entrevistas

By xerais

Con motivo da presentación de Festina lente, celebrada onte na Libraría Couceiro de Santiago, Marcos Calveiro foi entrevistado por La Voz de Galicia, El País, AGN e Galicia hoxe.

Nestas entrevistas, Marcos Calveiro define Festina lente como “un relato sobre os libros como armas de coñecemento que poden amolar o poder”. “É unha novela na Compostela dos séculos XVI e XVII, que era moi rica en personaxes. Conta a vida dun encadernador de libros e o que hai arredor das primeiras impresións e tipografías. A historia xira arredor dun códice e do mundo dos canteiros. Reprodúcense verbas da linguaxe dos canteiros, arxinas. É un gran fresco histórico.”

Marcos Calveiro salienta nas entrevistas que na obra se fala dos libros como “fonte de coñecemento e liberación”, especialmente “nos tempos de intolerancia que vivimos, non só no mundo islámico, senón tamén no occidental”.

Calveiro tamén salientou o carácter compostelán da novela: “Consultei moitos libros na Fundación Penzol de Vigo. Nomes de arquitectos, impresores e tipógrafos que cito no libro son reais, como o son os nomes de moitos libros: títulos da biblioteca do Conde de Gondomar, ou que aparecen no Arquivo Xeral de Simancas como libros prohibidos… Tamén falo de feitos históricos como a derrota da Armada Invencible, o ataque de Drake á Coruña, a propia Inquisición… porque tiveron un reflexo real na vida da xente. E a novela é un gran fresco do Santiago da época, da vida cotiá”.

Etiquetas: , , , , , , ,

4 Respostas to “Marcos Calveiro, entrevistas”

  1. Marcos Calveiro, entrevistado por Fervenzas « Xerais blog Says:

    [...] Fervenzas literarias publica unha longa e interesante entrevista con Marcos Calveiro a raíz da presentación en Compostela de Festina lente. Escollemos dous parágrafos significativos do [...]

  2. Xerais na Feira do Libro de Vigo « Xerais blog Says:

    [...] martes, ás 20,30 h: presentación de Festina lente de Marcos S. Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Fran Alonso e o [...]

  3. “Festina lente”, os espazos da novela « Xerais blog Says:

    [...] lente”, os espazos da novela Culturagalega.org tivo a feliz idea de acompañar a Marcos Calveiro no percorrido dos espazos composteláns de Festina lente. Un vídeo que moito [...]

  4. Brétemas » Camiñar por Compostela da man de «Festina lente» Says:

    [...] debemos ampliar ao de «Voluntariado da lectura») e a potencia sedutora da novela de Calveiro, que un ano despois da súa aparición, segue conquistando nunha boca orella continuo a novos lectores e lectoras. Festina lente é desas [...]

Deixa un comentario