“Festina lente”, a novela de Marcos S. Calveiro
Hoxe chegaron do prelo os primeiros exemplares de Festina lente, a primeira novela de Marcos S. Calveiro que publicamos en Xerais Narrativa. Novela histórica, ambientada na Compostela do século dezasete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unha intrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia. Estará nas librarías na vindeira semana.
Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expurgados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e este é o colofón do códice que, caderniño a caderniño, o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu na soidade do seu obradoiro da rúa da Armada dende que era un aprendiz canda o seu mestre. As campás, tristeiras, repenican a defunto, o vento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergamiño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoria as lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como a pedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alento dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia.
Tags: calveiro, festina_lente, novela

Maio 22, 2008 at 9:07 am
Parabéns polo novo “figlio”. Moi “manuziano” por certo ata na capa. Hai ganas de velo.
Maio 28, 2008 at 1:16 pm
antiseptic says : I absolutely agree with this !
Maio 28, 2008 at 1:17 pm
guile says : I absolutely agree with this !
Maio 28, 2008 at 1:18 pm
retainer says : I absolutely agree with this !
Maio 30, 2008 at 8:56 pm
[...] lente”, adianto primeiras páxinas Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de [...]
Xuño 18, 2008 at 5:10 pm
Somehow i missed the point. Probably lost in translation
Anyway … nice blog to visit.
cheers, Lodger
.