David Mckee, outra vez en galego

By xerais

Con Negros e brancos, David Mckee –un dos autores e ilustradores máis recoñecidos internacionalmente– creador do inesquecible personaxe do elefantiño Elmer, volve publicar en galego no catálogo de Xerais.

Negros e brancos, un dos seus primeiros e máis coñecidos álbums, publicado no Reino Unido hai trinta anos, é un alegato plenamente vixente en contra da guerra, a prol da educación para a paz e a convivencia entre persoas e mundos diferentes.

Eis a presentación editorial que preparamos:

Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran brancos ou negros, e odiábanse entre si. A guerra non tardou en estoupar e, durante tempo e tempo non se volveu a ver ningún elefante sobre a Terra. Ata que un día saíron da selva os netos dos elefantes amantes da paz…

Para lectores de catro anos en diante. Xa dispoñible nas librarías.

Etiquetas: , , , ,

2 Respostas to “David Mckee, outra vez en galego”

  1. Martin Pawley Says:

    Que bonita é esa colección!

  2. días estranhos » Os lectores de Fervenzas Literarias elixen o mellor de 2008 Says:

    [...] viaxes imaxinarias de Xabier P. Docampo Mellor libro infantil e xuvenil traducido ao galego do ano: Negros e brancos de David McKee Autor/a do ano: Xabier P. Docampo Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas Mellor [...]

Deixa un comentario